Sign Up Now

Watch the best videos collected by landin.

Join 8 others following landin's collection of 187 videos. It's free to sign up.

  • A Lingua sabe a Pan!
    Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
    Collected in landin's videos Nov 3, 2011
  • Musicando Arbo
    I.E.S. As Bizocas, O Grove (Pontevedra) Documental sobre o proceso de musicar Arbo, poema gañador, na categoría da E.S.O., do V certame de poesía Xosé Antón Barral. Orquestra Orff I.E.S. As Bizocas. Profesor: Xosé Manuel Durán Graña
    Collected in landin's videos Aug 11, 2011
  • A seca. Praia de Cabeiro
    Rebrincan os arroás diante dos nosos ollos. A beleza do mundo nas mans... pero o sargassum muticum, alga invasora aí impedindo a diversidade da vida: + info aquí sargassum.es/​invasions.html Tiñamos unha débeda coa praia de Cabeiro: a praia do noso IES, a praia de noso. Foi boa de pagar grazas a Antón, a Xulio e a Lucía do departamento de Cencias da Natureza e ao alumnado de 3º de SonCine e aos de 5º A que fixeron as fotos para un seu traballo. Escoitando a Antón dan ganas de ser outra vez un rapaz para ir
    Collected in landin's videos Jul 2, 2011
  • MOBilízate Lingua
    «Mobilízate» Lingua (Cap.25-15/05) En Galicia conviven dúas linguas. E o que debería ser unha riqueza cotiá convértese moitas veces nunha fonte diaria de conflitos. Neste programa especial para as letras galegas, abogaremos pola normalización do galego cos colectivos que traballan arreo pola súa inclusión dentro dun sistema que aínda pensa en castelán. Demostraremos que é posible defender unha lingua sen atacar as liberdades de ninguén e que cando nos mobilizamos coa palabra os nosos actos están cargados de
    Collected in landin's videos May 16, 2011
  • Revisando os danos
    O grupo de infantil 5 anos do CEIP Felipe de Castro de Noia interpreta o poema "Revisando os danos" de Lois Pereiro, durante unha clase de Educación Física con Kalim.
    Collected in landin's videos May 12, 2011
  • Lois Pereiro
    Primira entrega da presentación multimedia elaborada por Elvira Roiz (IES Concepción Arenal de Ferrol). http://bibliotecash.blogspot.com/
    Collected in landin's videos May 10, 2011
  • Ás miñas costas calada
    Ás miñas costas calada, chegas nas puntas dos pés, e coas mans tápasme os ollos preguntando: quen son eu? Pola música da vos e as mans que tanto biquei, polo cheiro a rosas frescas que te envolve, seino ben; sei que está detrás de min o adorado corpo teu, mais non abonda con sabelo pra poderche responder. As tempestás que te axitan, o misterio que ti es, o que gardas alá dentro... nin o soupen nin o sei. Ramón Cabanillas: No desterro. Música de DJ Fab: Echoes from t
    Collected in landin's videos Apr 28, 2011
  • A fume de carozo
    48º emisión do programa "A fume de carozo" (01-03-11), programa polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. Este programa tratou sobre a música galega, de diferentes estilos, e foi realizado por un grupo de alumnos do Colexio Santa María do Mar (Xesuítas) da Coruña, coordinado polos profesores Moisés López e Susana Devesa. Os alumnos participantes foron os seguintes: Iria Álvarez, Anxo Balado, Aldara Candal, Beatriz Fernández-Montells, Laura Martín, Claudia R
    Collected in landin's videos Apr 28, 2011
  • Bibliotecas
    Isto non é un vídeo. É indignación e un agradecemento sen límites aos docentes de Galicia. Foi capturado, no mesmo día, en dous espazos próximos, cunha cámara de 5ª fila. Hai quen o dá todo día día nas aulas, inventándose os medios que non ten, comendo o xenio e ofrecendo luz, imaxinación e ilusión ás nenas e nenos galegos. Saúde e ánimo.
    Collected in landin's videos Apr 11, 2011
  • Galego en Oxford
    Cinco meses abondaron para que estas mozas, unha inglesa e a outra checa, aprendesen o galego en Oxford.
    Collected in landin's videos Mar 15, 2011
  • LIPDUB IES A FONSAGRADA "The Final Countdown - Europe"
    Dende o Grupo de Traballo da Biblioteca do IES Fontem Albei de A Fonsagrada (Lugo-Galiza) plantexamos este lipdub como unha actividade para a Formación de Usuarios, aproveitando as potencialidades das TIC, para explicar a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal: sistema de clasificación do coñecemento que consiste en dividilo en dez grandes campos que permiten ordear e catalogar as obras nunha biblioteca).
    Collected in landin's videos Mar 15, 2011
  • Cinco poemas de Lois Pereiro
    Arturo Casas, Antón Losada, Paco Macías, Antón Patiño e Antón Lopo len cinco poemas de Lois Pereiro. Traballo de Luís Aldegunde (CPI Os Dices de Rois) e Sara Paz (CPI San Vicente da Baña).
    Collected in landin's videos Mar 13, 2011
  • Pereiro por Pereiro
    Xosé Manuel Pereiro analiza a vida e a obra do seu irmán Lois. Traballo de Luís Aldegunde (CPI Os Dices de Rois) e Sara Paz (CPI San Vicente da Baña).
    Collected in landin's videos Mar 13, 2011
  • Unha cartografía de Lois Pereiro
    Arturo Casas analiza a poética de Lois Pereiro. Traballo de Luís Aldegunde (CPI Os Dices de Rois) e Sara Paz (CPI San Vicente da Baña).
    Collected in landin's videos Mar 13, 2011
  • Respect lip dub
    IES As Bizocas. O Grove (Pontevedra) Realizado na clase da sección bilingüe de Ética. Curso 2009-2010. Profesor: Xosé Manuel Durán Graña.
    Collected in landin's videos Mar 2, 2011
  • Galiza, por SoWel
    Hip hop orixinal de SoWel a.k.a Iago Fontoira, alumno de 3º ESO do IES As Bizocas de O Grove. Departamento de música do IES As Bizocas. Festival Música nas túas palabras 2010. Casa da cultura de San Vicente, 22 de xuño de 2010.
    Collected in landin's videos Mar 2, 2011
  • Motosicleta Man
    Lip dub da canción "Motosicleta man", de Heredeiros da Crus. Realizado polo grupo de 4º da ESO do IES As Bizocas do Grove.
    Collected in landin's videos Mar 2, 2011
  • Lendo en portugués (Biblioteca do IES de Porto do Son)
    Na Biblioteca do IES de Porto do Son creamos unha sección dedicada á literatura portuguesa (curso 2010-2011).
    Collected in landin's videos Feb 26, 2011
  • In language we live (Sobre a orixe das linguas)
    In languages we live. Voices of the world, en galego Na lingua vivimos, é o título dun interesante documental danés e inglés de Canal de Historia que trata a diversidade lingüística e cultural mundial dende a perspectiva da problemática actual de moitas linguas minoritarias en camiño de extinción. Foi traducido ao español como Sobre el origen de las lenguas.
    Collected in landin's videos Jan 18, 2011
  • Linguas en contacto
    Collected in landin's videos Jan 18, 2011