You've added this video with the title
"DOMUS, VILLAE ET INSULAE: ESPAZOS PARA A VIDA PRIVADA (V.d)". To change this title, or add tags or comments,
click here.
Como en todas as civilizacións, a clase social do cidadán marcaba o tipo de vivenda na que habitaba. En Roma existían dous tipos básicos de casa romana: - A domus: Vivenda unifamiliar con planta baixa e unha altura, ocupada por familias acomodadas. Ao lado desta atopábanse as tabernae, tendas ou almacéns que frecuentemente estaban alquilados. A domus tiña varios espacios abertos: - O atrium, un patio descuberto, provisto dun estanque para almacenar a auga da chuvia (impluvium). No atrium podíamos atopar: - Os cubicula: cuartos con diferentes utilizacións. - O lararium: altar para os cultos familiares. - O tablinum: espacio destinado a recepción dos visitantes máis ilustres. Ao lado do tablinum atopábase un corredor (andron ou fauces) que comunicaba o atrio cun segundo patio chamado peristylum. O peristylum estaba rodeado de columnas e dun pequeno xardín decorado con estatuas. Neste podíamos distinguir: - Os cubícula. - O triclinium: comedor amoblado con tres leitos que formaban unha U, arredor dunha mesa circular. - A culina: cuarto pequeno onde os escravos preparaban a comida. - A exendra: cuarto dedicado á vida social familiar. Algunhas domus tiñan un terceiro patio chamado viridarium no que había árbores frutais e un estanque ou piscina. - A insula: Bloque de pisos de vivendas de alquiler, onde se aloxaban as persoas con menos recursos económicos. Adoitaban ter tres pisos. Tiñan cuartos pequenos, con fiestras e pequenos balcóns. Accedíase a elas a través dun gran patio central, con escaleitras a diferentes alturas. Na parte inferior había tendas aberta cara a rúa, cunha altura onde vivía o comerciante. E para rematar coñecendo algunha curiosidade máis sobre as vivendas romanas...: